Corenta anos mergullándose na lingua galega.
O ILG celebra o seu aniversario na súa sede, que foi fogar de Rosalía de Castro.
Corría o ano 1970 cando Constantino García, catedrático de Filoloxía Románica, uniu folgos para sacar adiante un proxecto que, corenta anos despois, lidera a investigación da lingua galega. Foi o 14 de maio de 1971 cando se presentou, baixo a atenta mirada do reitor da Universidade de Santiago, o Gallego 1, o primeiro método para aprender galego. Nacía oficialmente o Instituto da Lingua Galega.
Foi un grupo formado por Antón Santamarina, Xosé Luís Couceiro, Guillermo Rojo, Carme Ríos, Inés Leis e Luísa Fernanda Pensado, todos comandados por Constantino García, os que deron o primeiro pulo ao instituto, que ata hoxe en día ten feito grandes achegas ao estudo da lingua, como a cartografía dos apelidos de Galicia, o Arquivo do Galego Oral do Atlas Lingüístico Galego, os tesouros informatizados da lingua galega ou o inventario toponímico da Galicia medieval, e ferramentas como o vocabulario ortográfico da lingua galega (coñecido como VolG), o dicionario de dicionarios da lingua galega e o curso interactivo é-galego.
Dirixidos por Rosario Álvarez e con Xulio Sousa como secretario, o ILG está formado actualmente por unha trintena de investigadores, que ademais contan coa colaboración de expertos doutras universidades, centros educativos e medios de comunicación.

Fonte: La Voz de Galicia
40 anos son moitos anos a traballar con abnegación e honra en nome da llingua galega, un marco do bilingüismo que monolingüismo como algúns teñen aumento tan pouco honesto e imparcial. Viva o galego e viva Galiza.
ResponderEliminarGalego, galego... y la oficialidá de l'asturianu?
ResponderEliminarEn Galicia'l gallegu tá perbién y en Asturies l'asturianu munchu meyor inda.
ResponderEliminarSexa a paz de galego é unha lingua oficial durante moitos anos e non como en Asturias non facelas ou se move de acordo coa reivindicación, polo menos, o corpo de oficiais de Asturias.
ResponderEliminarGeli, tu tas de broma non?
ResponderEliminarCuantes más llingües se falen meyor en tolos llaos. Y l'asturianu: oficial yá.
ResponderEliminar