O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo interposto pola Real Academia Galega (RAG) contra o decreto 79/2010 do 20 de maio, tamén coñecido como o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario ao permitir a incorporación das linguas estranxeiras como idioma de impartición das materias.
Segundo informa a institución académica, se tivo coñecemento este martes da decisión e manifesta a súa "sorpresa", en "medios xurídicos", da "tardanza coa que o Tribunal Superior" tomou o presente acordo respecto ao recurso interposto.
A pesar diso, considera "positiva" a resolución e mantén a "esperanza" de que esta vía "poida restablecer no futuro o consenso necesario que durante tantos anos posibilitou un clima docente aceptable nas aulas de Galicia".
O TSXG tamén admitiu a trámite este martes o recurso presentado polo Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) contra o texto lingüístico, que se suma a outros interpostos por A Mesa pola Normalización Lingüística e sindicatos educativos.
Ao ser preguntado en rolda de prensa pola admisión do recurso presentado polo sindicato educativo, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, considerou que non hai "nada novo que dicir ao respecto", posto que hai varios recursos presentados ante os tribunais contra a norma elaborada pola Consellería de Educación.
Ao ser preguntado en rolda de prensa pola admisión do recurso presentado polo sindicato educativo, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, considerou que non hai "nada novo que dicir ao respecto", posto que hai varios recursos presentados ante os tribunais contra a norma elaborada pola Consellería de Educación.
"O Tribunal Superior está a facer o seu traballo, que é verificar se hai algún elemento de ilegalidade no decreto a partir dos recursos presentados", sinalou.
Fonte: Europa Press
Pero o bilingüismo non é, non estamos chamando a todas as horas do bilingüismo? ou non saben o que quieren ou algúns só aspiran con metro doble obxetivo a unha pura e simple monolíngües.
ResponderEliminarEsta cuestión non é sobre bilingüismo ou monolingüismo, rapaz; moito máis alá, é moito máis profundo do que iso, a lectura e consulta.
ResponderEliminarPor favor, ten que saír do traballo e discutir o TSVG.
ResponderEliminarY el tribunal cómo ye? ¿de mayoría progresista o de dereches? porque últimamente la xusticia anda en sin vender nos güeyos y bien atenta a quién fai les reclamaciones.
ResponderEliminar