15/7/11

Inauguren la "lonxa das letras" en Galicia


A Rede Galega de Kioscos inician unha nova andaina na que terán especial protagonismo os libros e outros produtos culturais que virán a complementar aos xa tradicionais xornais e revistas de vanda nestes espazos. A presentación de Lonxa das Letras, en Santiago, no kiosco da Alameda, dará paso a un novo xeito de achegarse aos públicos e tamén de dar traballo a persoas discapacitadas, obxectivos fundamental do colectivo Galega de Economía Social, ao que pertence a iniciativa da Rede Galega de Kioscos.

A Lonxa das Letras terá tamén unha páxina web, que será onde se venderán os libros físicos e dixitais, amais doutros produtos culturais,

Acceso aos produtos culturais do país
Os dous proxectos irmáns pretenden facilitar o acceso á cultura, sobre todo á galega, aproveitando a localización privilexiada dos establecementos e a amplitude horaria para atención ao público; ademais coa vantaxe engadida da posibilidade de comprar produción literaria en galego, alén das fronteiras administrativas galegas, grazas ao servizo de distribución que se ofrece coa compra a través de lonxadeletras.com, que cobre todo o territorio español e mesmo o portugués.

Fonte: Asociación Galega de Editores

3 comentarios:

  1. É unha gran idea, aínda que hai moitos anos en Galicia funciona ben para facilitar a producción, distribución e venda de practicamente toda a produción literaria en galego.

    ResponderEliminar
  2. Unha boa oportunidade16 de julio de 2011, 12:26

    Quizais unha das mellores ofertas de "Lonxa das Letras" de a Rede Galega de Kioscos é o sitio web para a práctica que é o momento de ver, aprender sobre toda a gama de literatura en galego e orde ou mercar moitos produtos que se ofrecen alí. Hai para probar e comprobar.

    ResponderEliminar
  3. N'Asturies ¿hai dalgo parecío a la Lonxa das Letras?

    ResponderEliminar

Los comentarios tán pendientes de moderación. Espublizaránse lo primero dable.