1967, Arcos, praia de Riazor
O Museo do Pobo Galego acolle a exposición ‘Dionisio Tasende. De homes... e mulleres’, coa que contribúe á divulgación da obra deste fotógrafo galego a través da exhibición dun total de 81 das súas imaxes tomadas en Galicia entre 1955 e 1979.
Con esta exposición, que permanecerá aberta ata o vindeiro 5 de xullo, o Museo do Pobo Galego contribúe á difusión das distintas manifestacións do noso patrimonio audiovisual e dos traballos concretos dos seus creadores.
Dionisio Tasende descubriu a fotografía aos 14 anos de forma intuitiva e autodidacta. As imaxes fotográficas foron marcando momentos decisivos da súa vida, e a fotografíaconverteuse na súa gran paixón, á que se dedicou con tesón e paciencia. Pertenceu á xeración de fotógrafos que nos anos 50 formaron a Sociedad Fotográfica de La Coruña, que conseguiu organizar salóns fotográficos nacionais e internacionais e realizou actividades cara á divulgación da fotografía.
Dionisio Tasende camiñaba de forma infatigable coas súas cámaras ao ombro, buscando unha e outra vez as luces do amencer e os seus efectos de contraluz. Gran observador das persoas no seu ambiente, cultivou o retrato de escenas espontáneas, captadas no momento preciso con rapidez e anticipación, grande expresividade, riqueza de matices e sentido da composición. Unha vez no seu laboratorio, investigaba con distintas técnicas, revelando e positivando as súas fotografías de forma lenta e pracenteira, pero con tenacidade e emoción.
Fonte: Museo do Pobo Galego
É o gran traballo da alma dun artista nun home con varias cámaras ao redor do seu pescozo e capturar todo que chamar a atención. Esta é unha exposición moi interesante porque é a historia recente dun pobo e un modo de vida recente preto o suficiente no tempo, pero parece que algo vello.
ResponderEliminarUna merecida alcordanza p'aquellos fotógrafos que bien por devoción o más bien por obligación profesional percorríen ciudaes y aldegues cámares al costazu escorriendo afitar una emoción, una efemérides familiar o puntual, una fiesta na aldega y, munchos dellos ganase'l pan diariu coles sos semeyes.
ResponderEliminarA la fin son los grandes notarios de los cambeos sociales y culturales d'un país.
ResponderEliminar