30/11/14

Barriga verde, de feira en feira

Exposición "De feira en feira", 11-11-2014  -  11-01-2015

   Desde hai séculos e ata hai relativamente pouco moitos artistas percorrían, levando os seus espectáculos, as feiras e romarías, os camiños, as aldeas e as vilas de Galicia, ás veces de taberna en taberna. Familias de titiriteiros, acróbatas, cómicos, marionetistas,… transmitían os segredos da profesión e enchían de ilusión os rostros das xentes que buscaban contemplar as trasnadas dos heroes cómicos, o teatro de marionetas, números de acrobacia e demais espectáculos.

   Un dos últimos representantes desta tradición foi Barriga Verde, boneco e marionetista ao mesmo tempo, que amenizou moitas feiras de San Froilán e a quen a Asociación “Morreu o Demo” pretende sacar do esquecemento mediante esta mostra.

   As feiras e romarías eran o espazo de intercambio económico máis importante na sociedade tradicional, espazos nos que gañaban a vida xentes chegadas de lonxe ofertando as súas artes e milagres. Así tamén nace o “heroe galego” a comezos do século XX, herdeiro do Pulcinella napolitano e a súa estirpe e popularizado en Galicia a través da familia Silvent, co seu “Barriga Verde”. Cun saco de bonecos ao lombo e unha saba pendurada en calquera lado para facer de escenario, percorreron case  todos os recunchos de Galicia.

   A mostra conta cunha serie de actividades paralelas, como a proxección do documental “Morreu o demo, acabouse a peseta”, obradoiros de monicreques para familias ou visitas teatralizadas para escolares de infantil (os xoves de novembro e decembro, con reserva previa).                                    Fonte: museodopobo.es

4 comentarios:

  1. Aqueles que naceron e viven nosa infancia nunha aldea do interior de Galiza e, por veces, mal comunicados sabe moi ben este tipo de Verdes e Barrigas asociado que percorrían as aldeas que fannos soñar a cambio dunha comida quente ou algunhas moedas. Esta exposición nos lembra de nosa infancia cunha nostalxia distante, pepro tamén veciño e querido. Parabéns.

    ResponderEliminar
  2. E en lugares no tan profunda Galiza. Como agora o bode, pero moito mellor e máis atractivo.

    ResponderEliminar
  3. Tremendo traballo que fai desde os anos desenvolve do Museo do Pobo Galego.

    ResponderEliminar
  4. Agoroa tamén hai outra gran exposición titulada "Barrio de San Pedro, Porta do Camiño". Presenta unha ollada á historia e deviri do barrio a través dos seus fitos mais relevantes, cunha referencia particular à presenza do Museo do Pobo Galego. Moi interesante.

    ResponderEliminar

Los comentarios tán pendientes de moderación. Espublizaránse lo primero dable.