178º aniversario do nacemento da poeta Rosalía de Castro
A Fundación Rosalía de Castro celebra o Día de Rosalía (24 de febreiro, día do nacemento da poeta) cun programa especial do Diario Cultural no que se presentará a edición en libro-disco de “De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro” que reúne os poemas inéditos escritos por 36 poetas a partir dos que Rosalía de Castro publicou no seu libro Cantares Gallegos.
O acto de presentación desenvolverase o martes 24 de febreiro ás 19:30 horas na Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón e intervirán Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e Rosa Martínez, directora da Radio Galega.
Lerán os seus poemas os seguintes poetas: Manuel Forcadela, Antía Otero, Arturo Casas, Carmen Blanco, Luis Glez Tosar, Olalla Cociña e Xose María Álvarez Cáccamo.
A crítica literaria Ana Salgado fará unha lectura crítica do libro-CD ‘De Cantares Hoxe’ e María Xesus Nogueira fará unha achegamento ás antoloxías sonoras na poesía galega.
O acto pecharase coa actuación musical de Najla Shami, unha cantora e compositora galego-palestina que publicou en 2013 o libro-disco ‘Na lingua que eu falo’, no que afonda na obra de Rosalía. Unha selección de dez temas que reúne sete poemas da autora galega con música orixinal, dúa novas creacións e unha revisión do clásico ‘Negra Sombra’. Fonte: rosalíadecastro.org
ROSALÍA...
ResponderEliminarCuando pienso que te fuiste,
negra sombra que me asombras,
al pie de mis cabezales,
vuelves haciéndome burla.
Cuando imagino que te has ido,
en el mismo sol te muestras,
y eres la estrella que brillas,
y eres el viento que sopla.
Si cantan, eres tú que cantas,
si lloran, eres tú que lloras,
y eres el murmullo del río,
y eres la noche y eres la aurora.
En todo estás y tú eres todo,
para mí y en mí misma moras,
no me abandonarás nunca,
sombra que siempre me asombras.
Rosalía mostrar una saudade que termina en fermosa melancolía que se arrastra que le os seus poemas.
ResponderEliminarCantart'ei, Galicia,
ResponderEliminarTeus dulces cantares,
Qu'asi mó pediron
Na veira do mare.
Rosalía de Castro.
"Negra Sombra" de Rosalía é un mito lírico cantado por todos coros, sen excepceción. Isto é un mito lírica e coral .
ResponderEliminarE cantada en galego... excita e move o espíritu especialmente se está lonxe de Galicia, ou do outro do Atlántico, pura emoción
ResponderEliminarRosalía é pura sensibilidade e delicadeza, é a alma do poeta oculto.
ResponderEliminarMorriña, saudade, nostalxia, misteriu, tenrura, poesía, Galicia, Rosalía.
ResponderEliminarRosalía é a representación das letras galegas e aínda máis porque naquela época era máis difícil de falar, escribir, ata escribir poesía en galego.
ResponderEliminarDulzura gallega hecha poesía.
ResponderEliminarUna maravilla gallega.
ResponderEliminar