15/3/14

Baltasar Cue Fernández: Galería fotográfica de tipos populares

   A carreira de Baltasar Cue como fotógrafo profesional foi breve pero, sen dúbida, nos atopamos diante dun dos máis singulares protagonistas do significativo desenvolvemento da fotografía no oriente de Asturias, con centro na vila de Llanes.
    
                            Una semeya de la esposición

   Emigrante en Cuba de mozo, as súas inquietudes conducirano a unha formación cosmopolita en París e Londres, que ampliará en viaxes por Europa antes de se establecer na súa vila natal. Como fotógrafo introducirá a "foto-pintura", en colaboración co pintor Manuel Fernández-Escandón Lebraud, e documentará as paisaxes e acontecementos da Llanes finisecular. Nese panorama aberto e ecléctico Cue achega unha obra singular no ambiente da fotografía asturiana e española de fins do século XIX: a súa galería de tipos populares. Con esta serie, o fotógrafo llanisco amosa interese concreto por esas persoas exóticas ou marxinais que raramente accederían ao seu estudo para seren retratadas. Deste xeito transcende unha paisaxe humana normalizada, para outorgar un carácter emblemático a todos aqueles individuos dos que a personalidade escapa aos ríxidos esquemas que definen a estrutura social dese tempo, nun mosaico polo que desfilan músicos, pobres de pedir, heroes locais, moinantes e personaxes fieis a unha identidade tradicional que se estaba a perder.   Fonte: Museo do Pobo Galego

5 comentarios:

  1. Sigue la esposición nel Museo do Pobo Galego en Santiago que recueye textualmente el siguiente titular: "Colección fotográfica do Muséu del Pueblu d'Asturies que comprende as fotografías feitas por Baltasar Cue entre 1891 e 1894"

    ResponderEliminar
  2. Tratar d'un bon exemplu de la collaboración cultural ente doso importantes museos que tan bien trabayen pola vida de dos llingües, de dos idiomes hermanos.

    ResponderEliminar
  3. Ben, é verdade, e é unha fermosa exposición chea de encanto natural e tradición histórica que está chegando a un alto nivel de visitantes.

    ResponderEliminar
  4. Boedo: estes semeyes son un arquivu étnicu y social de la dómina polo qu'hai que calteneles como oru en pañu.

    ResponderEliminar
  5. Cómpre continuar con este ripo de colaboracións y alianzas entre culturas e linguas tan preto en todos os sentidos, quero dicir o asturiano e galego, porque senón eu non teño absoltamente ningún sentido ou lóxica e ao público así como foi confirmado con visitas Cue exposición.

    ResponderEliminar

Los comentarios tán pendientes de moderación. Espublizaránse lo primero dable.