25-09-2015 - 15-11-2015
Antonio Fraguas Fraguas, 1905 Loureiro (Pontevedra)-1999 Santiago de Compostela
O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas é un xeito de premiar a comunidade escolar polos seus esforzos cara á educación patrimonial, ao coñecemento da lingua e do medio e á valoración dos máis diversos elementos do noso acervo cultural, a través de traballos sistemáticos de pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico da contorna dos centros escolares.
Antonio Fraguas Fraguas, escritor, historiador, antropólogo y etnógrafo
O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, culmina a súa novena edición e vén de ser recoñecido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria como proxecto de innovación educativa.
Nesta edición acordouse, por unanimidade, premiar os seguintes centros:
- Na modalidade de Ensino Primario o galardón recaeu no CEIP O Pombal, de Vigo, polo seu traballo Lavadores. Pasado e presente da nosa parroquia, destacando o xurado o esforzo por situar o alumnado dentro da memoria local do seu contorno inmediato, con especificidades históricas propias e polo subxacente esforzo de re-galeguizar a comunidade escolar mediante un proxecto didáctico multidisciplinar.

- Na modalidade de Ensino Secundario acordouse conceder o premio ao IES Pintor Colmeiro de Silleda, polo seu proxecto A paisaxe lendaria e toponímica do concello de Silleda, valorando o esforzo do alumnado na busca das raíces lendarias, tradicionais e históricas nos nomes dos lugares, na recollida destes e na súa fixación mediante tecnoloxías informáticas. Fonte: http://museodopobo.gal