Mostrando entradas con la etiqueta IX Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta IX Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas. Mostrar todas las entradas

3/10/15

IX Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas

25-09-2015 - 15-11-2015
Antonio Fraguas Fraguas, 1905 Loureiro (Pontevedra)-1999 Santiago de Compostela

  O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas é un xeito de premiar a comunidade escolar polos seus esforzos cara á educación patrimonial, ao coñecemento da lingua e do medio e á valoración dos máis diversos elementos do noso acervo cultural, a través de traballos sistemáticos de pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico da contorna dos centros escolares.

Antonio Fraguas Fraguas, escritor, historiador, antropólogo y etnógrafo

  O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, culmina a súa novena edición e vén de ser recoñecido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria como proxecto de innovación educativa.

  Nesta edición acordouse, por unanimidade, premiar os seguintes centros:

- Na modalidade de Ensino Primario o galardón recaeu no CEIP O Pombal, de Vigo, polo seu traballo Lavadores. Pasado e presente da nosa parroquia, destacando o xurado o esforzo por situar o alumnado dentro da memoria local do seu contorno inmediato, con especificidades históricas propias e polo subxacente esforzo de re-galeguizar a comunidade escolar mediante un proxecto didáctico multidisciplinar.

- Na modalidade de Ensino Secundario acordouse conceder o premio ao IES Pintor Colmeiro de Silleda, polo seu proxecto A paisaxe lendaria e toponímica do concello de Silleda, valorando o esforzo do alumnado na busca das raíces lendarias, tradicionais e históricas nos nomes dos lugares, na recollida destes e na súa fixación mediante tecnoloxías informáticas.                                                      Fonte: http://museodopobo.gal